Inicio

Estimados socios,

Dende a Xunta Directiva da SOGARMEF estamos encantados de anunciarvos a celebración das vindeiras XXXVIII Xornadas da Sociedade, e das actividades relacionadas co evento organizadas pola nosa parte.

Terán lugar o 26 e 27 de novembro do 2021 no Parador de Sto. Estevo de Ribas do Sil, no concello ourensano de Nogueira de Ramuín. É un lugar histórico, nun enclave natural único no que creemos disfrutaremos dun fantástico ambiente de contacto persoal, deixando atrás o ano da pandemia e as sesións virtuais.

En canto ao aloxamento, o número de estancias é limitada, polo que rogamos que antes do mes de outubro fagades as vosas reservas a través da secretaría técnica.  Rogamos que prioricedes o uso dobre de cada unha delas para evitar que algún socio puidera quedar sen aloxamento.

Tentaremos que o programa sexa do máximo interese para todos.

As actividades relacionadas das que recibiredes información nos vindeiros días, son:

  • Beca de Investigación Grünenthal.
  • Becas de Investigación Merz.
  • Casos clínicos Grünenthal.

 

Soamente nos queda animarvos a participar activamente.
Apertas,

Xunta Directiva SOGARMEF
Santiago de Compostela 10 de xuño de 2021

Organiza

Colabora

Secretaría técnica

Teléfono

+34 981 900 700